miércoles, 10 de abril de 2019

Entrevista sobre reciclaxe aos xogadores do Obradoiro CAB

O noso alumnado de 1º da ESO estivo co equipo de baloncesto do Obradoiro CAB no pavillón municipal das Pontes, onde fixeron unha entrevista en inglés aos xogadores Vladimir Brodziansky, Ben Simons e Kyler Singler relacionada co tema da reciclaxe no deporte

Acompañaron e axudaron a preparar esta actividade as profesoras de inglés Sofía Pita e Flora Formoso.


lunes, 8 de abril de 2019

Taller de reciclaxe artístico

Interesante traballo o que fixeron os alumnos de 2º de ESO na asignatura de Taller de reciclaxe artístico e Inglés, co obxecto de concienciar sobre a importancia  da  reciclaxe para coidado do planeta e do medio ambiente e o sinxelo que resulta reempregar artigos evitando xerar máis lixo no noso contorno.
Aquí temos unha mostra
Fai clic no botón "Ler máis" para ver máis fotos...