Como en anos anteriores, o centro organizou un concurso de fotografía para todo o persoal e alumnado do centro. A partires das doce imaxes gañadoras, fixemos o calendario do 2019. Este ano, con motivo deste proxecto, a temática elixida para as fotografías foi "Reciclaxe".
-No mes de Xunio aparece unha maqueta dunha cidade creada polos alumnos de 2º ESO na materia de reciclaxe artístico, con bricks de leite que á súa vez son huchas.
-No mes de Novembro aparecen tamén uns robots creados con materiais de refugallo na clase de 4º ESO de educación plástica.
-No mes de Febreiro aparece a imaxe de xogos feitos con materiais reciclados que se están a facer na clase de hábitos saudables en 1º e 2º ESO.
-No mes de Marzo aparece unha mostra de caixas libro feitas con materiais 100% reciclados, feitos pola profesora Amparo Bermúdez.
- No mes de Xulio aparece unha imaxe feita pola profesora Icia Álvarez.
Premendo na seguinte imaxe podes descargar o calendario en fotmato PDF.