miércoles, 20 de marzo de 2019

Teatro: On the train

Peza de treatro: On the train.
A little misunderstanding between the ticket collector and a traveller on the train

martes, 12 de febrero de 2019

Debate: Recycle or not Recycle

Actividade dentro da asignatura bilingüe de Oratoria. Velaí o debate


lunes, 7 de enero de 2019

Árbore de Nadal

Seguindo no proxecto de Recycling, a árbore de Nadal deste ano foi tamén feito totalmente con materiais reciclados. Fíxose unha petición de botellas de plástico dun tamaño concreto para a súa reciclaxe. Para os pompóns usáronse os papeis da caixa de reciclaxe pasados pola trituradora.

jueves, 20 de diciembre de 2018

Calendario 2019

Como en anos anteriores, o centro organizou un concurso de fotografía para todo o persoal e alumnado do centro. A partires das doce imaxes gañadoras, fixemos o calendario do 2019. Este ano, con motivo deste proxecto, a temática elixida para as fotografías foi "Reciclaxe".

-No mes de Xunio aparece unha maqueta dunha cidade creada polos alumnos de 2º ESO na materia de reciclaxe artístico, con bricks de leite que á súa vez son huchas.
-No mes de Novembro aparecen tamén uns robots creados con materiais de refugallo na clase de 4º ESO de educación plástica.
-No mes de Febreiro aparece a imaxe de xogos feitos con materiais reciclados que se están a facer na clase de hábitos saudables en 1º e 2º ESO.
-No mes de Marzo aparece unha mostra de caixas libro feitas con materiais 100% reciclados,  feitos pola profesora  Amparo Bermúdez.
- No mes de Xulio aparece unha imaxe feita pola profesora Icia Álvarez.

Premendo na seguinte imaxe podes descargar o calendario en fotmato PDF.

jueves, 1 de noviembre de 2018

Decoración na festa de Samaín - Halloween

Con motivo da festa de Samaín / Halloween os alumnos e alumnas de 2ºESO de Reciclaxe artística e os de 4º ESO do centro prepararon unha decoración con materiais reciclados.

Nas fotos seguintes podedes velos:
Preme "Ler máis" para ver máis exemplos do traballo desenvolvido.